lunes, 30 de noviembre de 2020

Martes 1 de decembro

Bos días!

Imos comezar decembro con ganas que en nada chega o Nadal!!!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, martes 1 de decembro.

Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Déixovos de novo unhas ligazóns a uns videos nos que repasaremos o concepto de unidade e decena, así como a suma e a resta sen levar:

Unidades e decenas

Sumas e restas sen levar

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto: 76,77,78

Botádelle un ollo ao apartado de “calculamos mentalmente” (páxina 78). Tentade facer as actividades, pero se non o entendedes non vos preocupedes, vémolo na aula cando voltemos á normalidade.

 

LINGUA CASTELÁ

Déixovos dúas ligazóns nas que se explica a norma xeral á hora de utilizar “c”ou “z”. Tendes que ter claro isto para poder facer as actividades de hoxe.

Repaso: za,ce,ci,zo,zu

Video: "Yo conozco a Zacarías"

Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.

Páxinas do libro: 53,54,55


LINGUA GALEGA

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto: 50,51

 

EDUCACIÓN FÍSICA

Hoxe tocan xogos tradicionais! A continuación déixovos unha ligazón a unha ficha na que aparece unha sopa de letras. Nela, deberedes atopar os xogos tradicionais que aparecen ao redor da mesma.

 Ficha interactiva: xogos populares

Unha vez os atopedes todos, deberedes facer un pequeniño traballo sobre un deses xogos, o que máis vos guste. Deberedes buscar información para completar unha ficha na que debe aparecer, como mínimo, a seguinte información:

- Nome do xogo

- Orixe

- Materiais que se precisan

- Normas do xogo (explicación da dinámica do xogo)

- Información que consideredes relevante

- Debuxo representativo da dinámica do xogo

Déixovos unha ligazón na que poderedes ver un exemplo de ficha como a que deberedes facer vós. De todos modos, non é un modelo a seguir, podedes utilizar a vosa creatividade e facela como queirades.

Ficha: xogo popular

NOTA: Unha vez rematedes o traballo deberedes sacarlle unha foto e enviarma por whatsapp ou por correo electrónico. Tedes toda a semana, o último día para entregar o traballo é o venres 4 de decembro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.