Bos días!
Cólgovos o traballo para
o día de hoxe, mércores 2 de decembro.
Se tendes calquera tipo de dúbida
podedes poñervos en contacto comido sen ningún problema!
MATEMÁTICAS
Hoxe toca ver un
novo contido: “táboas de datos”. Déixovos unha ligazón a un vídeo no que se
explica como traballar con datos nunha táboa:
Traballar con datos nunha táboa
Continuamos coa Unidade 4 do
libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que
aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:
Páxinas do libro de texto - 79,80,81
Para cando
rematedes, déixovos unha ligazón a unha ficha
interactiva de profundización da resta:
LINGUA CASTELÁ
Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.
Páxinas do libro de texto - 56,57
Para cando
rematedes, déixovos unha ligazón a unha ficha
interactiva de comprensión oral:
Ficha interactiva: comprensión oral
CIENCIAS SOCIAIS
Terminada a Unidade 2 do libro de
texto toca facer unha ficha interactiva
onde se repasan os contidos traballados ao longo da mesma:
Ficha interactiva: repasa e comproba o aprendido
INGLÉS
Comparto unha ligazón a un documento no que se explica a dinámica da clase de hoxe:
Actividades Inglés - 2 de decembro
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.