martes, 24 de noviembre de 2020

Mércores 25 de Novembro

Bos días!!!! 

Espero que sigades  todos moi ben e que poidamos voltar á aula o antes posible! Agora que estades na casa e tendes tempo, podedes aproveitar para botar unha man aos vosos pais no que precisen. 😄😄

Cólgovos o traballo para o día de hoxe,  mércores 25 de novembro.

E lembrade, se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Déixovos de novo a ligazón na que se explican as unidades e as decenas, contidos que traballaremos nas actividades de hoxe:

Unidades e decenas

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Por se vos aburrides, cólgovos tamén unha ligazón a unha ficha interactiva que podedes facer en liña na que traballaredes as decenas e as unidades:

Ficha interactiva - Unidades e decenas

 

                                              LINGUA CASTELÁ 

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Por se tendes tempo, adxunto uns carteis que estaba colocando na clase o venres, polo que non puideches ver. Botádelle un ollo:

Sílabas trabadas

Regras xerais

E por se vos aburrides, cólgovos tamén unha ligazón a unha ficha interactiva que podedes facer en liña:

Ficha interactiva - sílabas trabadas


                                            CIENCIAS SOCIAIS 

Ao picar na seguinte ligazón poderedes ver un video que vos explica a diferenza entre produtos naturais e produtos elaborados:

Produtos naturais e elaborados

Comezamos cun novo contido: “produtos naturais e produtos elaborados”. Espero que vos quedara clara a diferenza entre eles tras a visualización da ligazón que aparece no punto anterior. A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe, así como unha ficha:

Actividades do libro + ficha (facédea en papel se non tendes impresora)


INGLÉS

O primeiro que que tedes que facer será ver e escoitar o video sobre as partes do corpo:

Video - partes do corpo

Logo, picaredes la ligazón que aparece abaixo na que vos levará a un do xogo das partes do corpo (escoitamos como se pronuncia e unimos a palabra co debuxo):

Xogo - partes do corpo

Por último, faremos o mesmo co xogo das partes da cara: 

Xogo - partes da cara

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.