domingo, 29 de noviembre de 2020

Luns 30 de novembro

Bos días!

Espero que collerades forzas no fin de semana e que o pasarades moi ben! Agora toca esforzarse un pouquiño, que en nada remata o trimestre e veñen as vacacións de Nadal!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, luns 30 de novembro.

Lembrade que a partir de agora tendes que enviarme as fichas interactivas unha vez rematadas. Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comido sen ningún problema!

 

LINGUA GALEGA

Temos pendente a proba da Unidade 3. Para non andar ás presas cando volvamos á normalidade, imos facela por medio dunha ficha interactiva. Tentade rematala en 50 minutos (vaivos sobrar moito tempo) e sobre todo, sen axuda… Moita sorte! Aínda que non a ides precisar…

Ficha interactiva: proba Unidade 3

Para cando rematedes, cólgovos unhas ligazóns, unha ficha de repaso e unha ficha interactiva onde traballaremos contidos vistos ata agora.

Repaso: za,ce,ci,zo,zu

Ficha interactiva: za,ce,ci,zo,zu


MATEMÁTICAS

Ao igual que con Lingua Galega, temos pendente a proba da Unidade 3. Sorte! Aínda que non a ides a precisar…

Ficha interactica: proba Unidade 3

Para cando rematedes, cólgovos unhas ligazóns a unhas fichas interactivas onde traballaremos contidos vistos ata o de agora na Unidade 4:

Ficha interactiva: números ata o 40

Ficha interactiva: restas de 2 cifras


LINGUA CASTELÁ

A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto

Déixovos unha ligazón a un video no que se explica a árbore xenealóxica para que poidades facer vós a vosa. Tendes exemplos de como facela ao final do documento onde aparecen as páxinas do libro de texto. Podedes pedir axuda aos maiores da vosa casa por se tendes algunha dúbida. Unha vez feita, sacádelle unha foto en enviádema ao correo ou por whatsapp:

Video: árbore xenealóxica

 

INGLÉS

O primeiro que que tedes que facer será ver e escoitar o video sobre os animais da granxa:

Video: animais da granxa

Logo, picaredes la ligazón que aparece abaixo na que vos levará a un xogo de animais (escoitamos como se pronuncia e unimos a palabra co debuxo):

Xogo dos animais

Para finalizar, teredes que escoller o voso animal da granxa favorito e poñedes:

My favourite farm animal is ……..

E debaixo facedes o seu debuxo


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.