Bos días!
Outro día máis
de confinamento, e outro menos para voltar á normalidade! Espero que sigades todos moi
ben e esteades colaborando na casa como vos pedín onte!
Cólgovos
o traballo para o día de hoxe, xoves 26 de novembro.
E lembrade, se
tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún
problema!
MATEMÁTICAS
Por se as
precisades, déixovos de novo as ligazóns nas que se explican as unidades e as
decenas, así como as sumas e as restas en vertical, contidos que traballaremos nas
actividades de hoxe.
A continuación colgo
un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO
nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:
Para repasar contidos vistos ata o de agora, propóñovos que fagades as actividades que aparecen premendo nas seguintes ligazóns:
Ficha interactiva: sumas e restas sen levar
Xogo en liña: unidades e decenas
LINGUA
CASTELÁ
A continuación colgo
un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO
nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:
Cólgovos tamén unhas
ligazóns a unhas fichas interactivas que podedes facer para traballar as
sílabas trabadas e a comprensión lectora:
Ficha interactiva: sílabas trabadas
Ficha interactiva: comprensión lectora
LINGUA GALEGA
Iniciamos a
Unidade 4 (“Pide un desexo”). A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que
aparecen as actividades que temos programadas para hoxe, así como os audios que
precisaredes para resolvelas:
(Os audios non se escoitan moi ben, tendes que perdoar)
CIENCIAS
SOCIAIS
Picando nas
seguintes ligazóns poderedes ver dous videos nos que se explican os tipos de
transportes así como as diferenzas entre as vilas e as cidades, repaso de contidos da unidade:
O traballo de
hoxe consiste nun repaso de certos contidos traballados ao longo da unidade. A
continuación colgo un pdf coas PÁXINAS
DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades de repaso que temos programadas
para hoxe:
Cólgovos tamén unhas ligazóns a unhas fichas interactivas que
podedes facer en liña e que vos axudarán a afianzar os contidos traballados:
Ficha interactiva: tipos de transportes
Ficha interactiva: vila e cidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.