jueves, 3 de diciembre de 2020

Venres 4 de decembro

Bos días!

Ánimo que xa estamos a venres! Imos traballar outro pouquiño que nos veñen 4 días de descanso! 

Lembrade que tendes que enviarme as fichas interactivas unha vez rematadas. A continuación cólgovos de novo a ligazón onde se vos explica como podedes facer para enviarmas. 

¿Como enviar as fichas interactivas?

Cólgovos o traballo para hoxe, venres 4 de decembro:

 

MATEMÁTICAS

Hoxe rematamos a Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas:

Páxinas do libro de texto - 86,87

Para cando rematedes déixovos unha ligazón a unha ficha interactiva de repaso da unidade que acabamos de rematar:

Ficha interactiva - "repasa y comprueba lo aprendido"

 

LINGUA GALEGA

Hoxe rematamos a Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas:

Páxinas do libro de texto - 54,55

 

CIENCIAS SOCIAIS

Imos ver un contido novo: “elementos naturais e artificiais das paisaxes”. Déixovos 2 ligazóns, unha a un video no que se explican moi ben estes contidos, e outra a unha ficha interactiva na que se valora a comprensión dos mesmos:

Video - elementos naturais e artificiais

Ficha interactiva - elementos naturais e artificiais


EDUCACIÓN FÍSICA

Imos desenvolver a nosa creatividade! O traballo de hoxe consiste en inventar un xogo que poidades poñer en práctica despois cos vosos amigos. Tendes que aportar, como mínimo, a seguinte información sobre o mesmo:

 - Nome do xogo

- Materiais que se precisan (podedes utilizar TODO o material que queirades)

- Lugar idóneo para practicalo

 - Número mínimo e máximo de participantes

- Normas do xogo (explicación da dinámica do xogo)

- Información que consideredes relevante

- Debuxo representativo da dinámica do xogo

NOTA: Unha vez rematedes o traballo deberedes sacarlle unha foto e enviarma antes do mércores 9 de decembro.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.