lunes, 30 de noviembre de 2020

Martes 1 de decembro

Bos días!

Imos comezar decembro con ganas que en nada chega o Nadal!!!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, martes 1 de decembro.

Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Déixovos de novo unhas ligazóns a uns videos nos que repasaremos o concepto de unidade e decena, así como a suma e a resta sen levar:

Unidades e decenas

Sumas e restas sen levar

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto: 76,77,78

Botádelle un ollo ao apartado de “calculamos mentalmente” (páxina 78). Tentade facer as actividades, pero se non o entendedes non vos preocupedes, vémolo na aula cando voltemos á normalidade.

 

LINGUA CASTELÁ

Déixovos dúas ligazóns nas que se explica a norma xeral á hora de utilizar “c”ou “z”. Tendes que ter claro isto para poder facer as actividades de hoxe.

Repaso: za,ce,ci,zo,zu

Video: "Yo conozco a Zacarías"

Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.

Páxinas do libro: 53,54,55


LINGUA GALEGA

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. Tentaremos rematar a unidade esta semana. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto: 50,51

 

EDUCACIÓN FÍSICA

Hoxe tocan xogos tradicionais! A continuación déixovos unha ligazón a unha ficha na que aparece unha sopa de letras. Nela, deberedes atopar os xogos tradicionais que aparecen ao redor da mesma.

 Ficha interactiva: xogos populares

Unha vez os atopedes todos, deberedes facer un pequeniño traballo sobre un deses xogos, o que máis vos guste. Deberedes buscar información para completar unha ficha na que debe aparecer, como mínimo, a seguinte información:

- Nome do xogo

- Orixe

- Materiais que se precisan

- Normas do xogo (explicación da dinámica do xogo)

- Información que consideredes relevante

- Debuxo representativo da dinámica do xogo

Déixovos unha ligazón na que poderedes ver un exemplo de ficha como a que deberedes facer vós. De todos modos, non é un modelo a seguir, podedes utilizar a vosa creatividade e facela como queirades.

Ficha: xogo popular

NOTA: Unha vez rematedes o traballo deberedes sacarlle unha foto e enviarma por whatsapp ou por correo electrónico. Tedes toda a semana, o último día para entregar o traballo é o venres 4 de decembro.



domingo, 29 de noviembre de 2020

Luns 30 de novembro

Bos días!

Espero que collerades forzas no fin de semana e que o pasarades moi ben! Agora toca esforzarse un pouquiño, que en nada remata o trimestre e veñen as vacacións de Nadal!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, luns 30 de novembro.

Lembrade que a partir de agora tendes que enviarme as fichas interactivas unha vez rematadas. Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comido sen ningún problema!

 

LINGUA GALEGA

Temos pendente a proba da Unidade 3. Para non andar ás presas cando volvamos á normalidade, imos facela por medio dunha ficha interactiva. Tentade rematala en 50 minutos (vaivos sobrar moito tempo) e sobre todo, sen axuda… Moita sorte! Aínda que non a ides precisar…

Ficha interactiva: proba Unidade 3

Para cando rematedes, cólgovos unhas ligazóns, unha ficha de repaso e unha ficha interactiva onde traballaremos contidos vistos ata agora.

Repaso: za,ce,ci,zo,zu

Ficha interactiva: za,ce,ci,zo,zu


MATEMÁTICAS

Ao igual que con Lingua Galega, temos pendente a proba da Unidade 3. Sorte! Aínda que non a ides a precisar…

Ficha interactica: proba Unidade 3

Para cando rematedes, cólgovos unhas ligazóns a unhas fichas interactivas onde traballaremos contidos vistos ata o de agora na Unidade 4:

Ficha interactiva: números ata o 40

Ficha interactiva: restas de 2 cifras


LINGUA CASTELÁ

A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto

Déixovos unha ligazón a un video no que se explica a árbore xenealóxica para que poidades facer vós a vosa. Tendes exemplos de como facela ao final do documento onde aparecen as páxinas do libro de texto. Podedes pedir axuda aos maiores da vosa casa por se tendes algunha dúbida. Unha vez feita, sacádelle unha foto en enviádema ao correo ou por whatsapp:

Video: árbore xenealóxica

 

INGLÉS

O primeiro que que tedes que facer será ver e escoitar o video sobre os animais da granxa:

Video: animais da granxa

Logo, picaredes la ligazón que aparece abaixo na que vos levará a un xogo de animais (escoitamos como se pronuncia e unimos a palabra co debuxo):

Xogo dos animais

Para finalizar, teredes que escoller o voso animal da granxa favorito e poñedes:

My favourite farm animal is ……..

E debaixo facedes o seu debuxo


jueves, 26 de noviembre de 2020

Venres 27 de novembro

Bos días!

Veña que xa é venres! Non queda nada para o fin de semana!!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, venres 27 de novembro.

E lembrade, se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

Tedes que perdoar, non vos dei opción de enviar as fichas interactivas que vos propuxen para estes días. A continuación cólgovos unha ligazón onde se vos explica como podedes facer para enviarmas. Se queredes, podedes enviarme as que estivéchedes a facer estes días (opcional):

¿Como enviar as fichas interactivas para a súa corrección?

Déixovos as ligazóns das fichas feitas esta semana por se queredes volver a facelas e enviarmas (e lembrade, é opcional)

Unidades e decenas

Sílabas trabadas

 Sumas e restas sen levar

Sílabas trabadas

Comprensión lectora

Tipos de transportes

Vila e cidade


MATEMÁTICAS

Hoxe imos ver contidos novos: as figuras xeométricas básicas (círculo, cadrado e triángulo). Déixovos unha ligazón a un video no que se explican moi ben as diferenzas entre un círculo, un cadrado e un triángulo.

Figuras xeométricas

A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Déixovos unha ligazón a unha ficha onde teredes que poñer en práctica os contidos vistos no día de hoxe:

Ficha - figuras xeométricas

Ao picar nas seguintes ligazóns poderedes comprobar o aprendido mediante unha ficha interactiva:

Ficha interactiva: figuras xeométricas


           

LINGUA GALEGA

Hoxe toca comprensión lectora. Déixovos unha ligazón a un texto, o cal deberedes ler e entender para poder responder ás preguntas que se plantexan nel. Podedes imprimir o documento que aparece na seguinte ligazón ou copiar as respostas nun folio (só as respostas, non fai falta que copiedes as preguntas)

Ficha: comprensión lectora

 

                                           CIENCIAS SOCIAIS 

Premendo na seguintes ligazón iredes a unha ficha interactiva na que traballaredes contidos relacionados coa forma correcta de cruzar unha rúa:

Ficha interactiva - cruzar a rúa


 

                                           EDUCACIÓN FÍSICA 

Hoxe traballaremos o esquema corporal: partes do corpo e esquerda/dereita. En primeiro lugar deberedes picar nas seguintes ligazóns nas que se explican en dous videos ambos contidos:

Partes do corpo

Esquerda e dereita

A continuación, ao picar nas seguintes ligazóns poderedes comprobar o aprendido mediante dúas fichas interactivas:

Ficha interactiva - partes do corpo

Ficha interactiva - esquerda e dereita


                             FICHAS INTERACTIVAS VARIADAS

A continuación déixovos fichas variadas por se queredes facer ao longo da fin de semana. Non é preciso que as enviedes. Un saúdo!!!!

Problemas matemáticos

za, ce, ci, zo, zu

Crucigrama matemático

Crucigrama - "r" - "rr"

Partes do corpo

Continúa a serie - 3

Emparella - 1


Atención

Atopa as diferenzas

Atención e lateralidade

Emparella - 2

Emparella - 3

Atopa o intruso - 1

Atopa o intruso - 2

Continúa a serie - 1

Continúa a serie - 2















miércoles, 25 de noviembre de 2020

Xoves 26 de novembro

Bos días! 

Outro día máis de confinamento, e outro menos para voltar á normalidade! Espero que sigades todos moi ben e esteades colaborando na casa como vos pedín onte!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, xoves 26 de novembro.

E lembrade, se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Por se as precisades, déixovos de novo as ligazóns nas que se explican as unidades e as decenas, así como as sumas e as restas en vertical, contidos que traballaremos nas actividades de hoxe.

Unidades e decenas

Sumas e restas

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Para repasar contidos vistos ata o de agora, propóñovos que fagades as actividades que aparecen premendo nas seguintes ligazóns: 

Ficha interactiva: sumas e restas sen levar

Xogo en liña: unidades e decenas

 

                                                      LINGUA CASTELÁ 

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Cólgovos tamén unhas ligazóns a unhas fichas interactivas que podedes facer para traballar as sílabas trabadas e a comprensión lectora:

Ficha interactiva: sílabas trabadas

Ficha interactiva: comprensión lectora

 

LINGUA GALEGA

Iniciamos a Unidade 4 (“Pide un desexo”). A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe, así como os audios que precisaredes para resolvelas:

Actividades do libro de texto

Audio 1 

Audio 2

(Os audios non se escoitan moi ben, tendes que perdoar)


                                                      CIENCIAS SOCIAIS 

Picando nas seguintes ligazóns poderedes ver dous videos nos que se explican os tipos de transportes así como as diferenzas entre as vilas e as cidades, repaso de contidos da unidade:

Video: tipos de transportes

Video: tipos de localidades

O traballo de hoxe consiste nun repaso de certos contidos traballados ao longo da unidade. A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades de repaso que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Cólgovos tamén unhas ligazóns a unhas fichas interactivas que podedes facer en liña e que vos axudarán a afianzar os contidos traballados:

Ficha interactiva: tipos de transportes

Ficha interactiva: vila e cidade




martes, 24 de noviembre de 2020

Mércores 25 de Novembro

Bos días!!!! 

Espero que sigades  todos moi ben e que poidamos voltar á aula o antes posible! Agora que estades na casa e tendes tempo, podedes aproveitar para botar unha man aos vosos pais no que precisen. 😄😄

Cólgovos o traballo para o día de hoxe,  mércores 25 de novembro.

E lembrade, se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comigo sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Déixovos de novo a ligazón na que se explican as unidades e as decenas, contidos que traballaremos nas actividades de hoxe:

Unidades e decenas

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Por se vos aburrides, cólgovos tamén unha ligazón a unha ficha interactiva que podedes facer en liña na que traballaredes as decenas e as unidades:

Ficha interactiva - Unidades e decenas

 

                                              LINGUA CASTELÁ 

A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Actividades do libro de texto

Por se tendes tempo, adxunto uns carteis que estaba colocando na clase o venres, polo que non puideches ver. Botádelle un ollo:

Sílabas trabadas

Regras xerais

E por se vos aburrides, cólgovos tamén unha ligazón a unha ficha interactiva que podedes facer en liña:

Ficha interactiva - sílabas trabadas


                                            CIENCIAS SOCIAIS 

Ao picar na seguinte ligazón poderedes ver un video que vos explica a diferenza entre produtos naturais e produtos elaborados:

Produtos naturais e elaborados

Comezamos cun novo contido: “produtos naturais e produtos elaborados”. Espero que vos quedara clara a diferenza entre eles tras a visualización da ligazón que aparece no punto anterior. A continuación colgo un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe, así como unha ficha:

Actividades do libro + ficha (facédea en papel se non tendes impresora)


INGLÉS

O primeiro que que tedes que facer será ver e escoitar o video sobre as partes do corpo:

Video - partes do corpo

Logo, picaredes la ligazón que aparece abaixo na que vos levará a un do xogo das partes do corpo (escoitamos como se pronuncia e unimos a palabra co debuxo):

Xogo - partes do corpo

Por último, faremos o mesmo co xogo das partes da cara: 

Xogo - partes da cara

domingo, 22 de noviembre de 2020

Martes 24 de novembro

Bos días!!!! 

Espero que vos atopedes todos moi ben!! 💪💪 Quero dicirvos que xa estou desexando volver a clase con todos vós!! Mentres estemos na casa, tentaremos seguir traballando de xeito virtual. 😄

Propóñovos o traballo para o  martes 24 de novembro.


MATEMÁTICAS

Déixovos unhas ligazóns nas que se explican algún dos contidos que traballamos ata o de agora:

Números do 1 ao 30

Unidades e Decenas

Sumar e restar en vertical


A continuación cólgovos as ACTIVIDADES a realizar: 

OPCIÓN A (series numéricas e dous problemas)

OPCIÓN B (series numéricas,  sumas  e restas en vertical)

OPCIÓN C (series numéricas e suma básica)


                                                     LINGUA CASTELÁ 

Por se vos fai falla, adxunto o abecedario de animaliños que temos na aula.

Abecedario de animaliños

As ACTIVIDADES a realizar serán as seguintes: 

OPCIÓN A (comprensión de dous textos)

OPCIÓN B (ficha: letras "L", "P" y "M")

OPCIÓN C (ficha: letra "L")


                                                       LINGUA GALEGA 

PROBAS de repaso da Unidade 3. Non dubidedes en consultarme calquera cousa que non entendades. 

OPCIÓN A

OPCIÓN B

OPCIÓN C

EDUCACIÓN FÍSICA

Adxúnto un video no que se explica a pirámide nutricional. Só tendes que ver o vídeo para despois debuxar vós unha pirámide parecida á que sae nel. Podedes debuxar os alimentos que vós queirades, pero debedes colocar cada un lugar correspondente da pirámide. 😉