jueves, 3 de diciembre de 2020

Venres 4 de decembro

Bos días!

Ánimo que xa estamos a venres! Imos traballar outro pouquiño que nos veñen 4 días de descanso! 

Lembrade que tendes que enviarme as fichas interactivas unha vez rematadas. A continuación cólgovos de novo a ligazón onde se vos explica como podedes facer para enviarmas. 

¿Como enviar as fichas interactivas?

Cólgovos o traballo para hoxe, venres 4 de decembro:

 

MATEMÁTICAS

Hoxe rematamos a Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas:

Páxinas do libro de texto - 86,87

Para cando rematedes déixovos unha ligazón a unha ficha interactiva de repaso da unidade que acabamos de rematar:

Ficha interactiva - "repasa y comprueba lo aprendido"

 

LINGUA GALEGA

Hoxe rematamos a Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas:

Páxinas do libro de texto - 54,55

 

CIENCIAS SOCIAIS

Imos ver un contido novo: “elementos naturais e artificiais das paisaxes”. Déixovos 2 ligazóns, unha a un video no que se explican moi ben estes contidos, e outra a unha ficha interactiva na que se valora a comprensión dos mesmos:

Video - elementos naturais e artificiais

Ficha interactiva - elementos naturais e artificiais


EDUCACIÓN FÍSICA

Imos desenvolver a nosa creatividade! O traballo de hoxe consiste en inventar un xogo que poidades poñer en práctica despois cos vosos amigos. Tendes que aportar, como mínimo, a seguinte información sobre o mesmo:

 - Nome do xogo

- Materiais que se precisan (podedes utilizar TODO o material que queirades)

- Lugar idóneo para practicalo

 - Número mínimo e máximo de participantes

- Normas do xogo (explicación da dinámica do xogo)

- Información que consideredes relevante

- Debuxo representativo da dinámica do xogo

NOTA: Unha vez rematedes o traballo deberedes sacarlle unha foto e enviarma antes do mércores 9 de decembro.

 


miércoles, 2 de diciembre de 2020

Xoves 3 de decembro

 Bos días!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, xoves 3 e de decembro.

Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comido sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Paxinas do libro de texto: 82,83,84,85

 

LINGUA CASTELÁ

Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.

Páxinas do libro de texto: 58,59


LINGUA GALEGA

Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.

Páxinas do libro de texto: 52,53

 

CIENCIAS SOCIAIS

Terminada a Unidade 2 do libro de texto toca facer unha ficha interactiva onde se repasan os contidos traballados ao longo da mesma:

Proba para preparar a avaliación - U2





martes, 1 de diciembre de 2020

Mércores 2 de decembro

 Bos días!

Cólgovos o traballo para o día de hoxe, mércores 2 de decembro.

Se tendes calquera tipo de dúbida podedes poñervos en contacto comido sen ningún problema!

 

MATEMÁTICAS

Hoxe toca ver un novo contido: “táboas de datos”. Déixovos unha ligazón a un vídeo no que se explica como traballar con datos nunha táboa:

Traballar con datos nunha táboa

Continuamos coa Unidade 4 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe:

Páxinas do libro de texto - 79,80,81

Para cando rematedes, déixovos unha ligazón a unha ficha interactiva de profundización da resta:

Profundización - resta

 

LINGUA CASTELÁ

Continuamos coa Unidade 3 do libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que aparecen as actividades que temos programadas para hoxe.

Páxinas do libro de texto - 56,57

Ficha - corrección dictado

Para cando rematedes, déixovos unha ligazón a unha ficha interactiva de comprensión oral:

Ficha interactiva: comprensión oral


CIENCIAS SOCIAIS

Terminada a Unidade 2 do libro de texto toca facer unha ficha interactiva onde se repasan os contidos traballados ao longo da mesma:

Ficha interactiva: repasa e comproba o aprendido


  INGLÉS

Comparto unha ligazón a un documento no que se explica a dinámica da clase de hoxe:

Actividades Inglés - 2 de decembro