Bos días!
Ánimo que xa estamos a venres! Imos traballar outro pouquiño que nos veñen 4 días de descanso!
Lembrade que tendes que enviarme as fichas interactivas unha vez rematadas. A continuación cólgovos de novo a ligazón onde se vos explica como podedes facer para enviarmas.
¿Como enviar as fichas interactivas?
Cólgovos o traballo para hoxe, venres 4 de decembro:
MATEMÁTICAS
Hoxe rematamos a Unidade 4 do
libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que
aparecen as actividades que temos programadas:
Páxinas do libro de texto - 86,87
Para cando rematedes déixovos unha ligazón a unha ficha interactiva de repaso da unidade que acabamos de
rematar:
Ficha interactiva - "repasa y comprueba lo aprendido"
LINGUA GALEGA
Hoxe rematamos a Unidade 4 do
libro de texto. A continuación colgo unha ligazón a un pdf coas PÁXINAS DO LIBRO DE TEXTO nas que
aparecen as actividades que temos programadas:
Páxinas do libro de texto - 54,55
CIENCIAS SOCIAIS
Imos ver un contido novo: “elementos
naturais e artificiais das paisaxes”. Déixovos 2 ligazóns, unha a un video no
que se explican moi ben estes contidos, e outra a unha ficha interactiva na que se valora a comprensión dos mesmos:
Video - elementos naturais e artificiais
Ficha interactiva - elementos naturais e artificiais
EDUCACIÓN FÍSICA
Imos desenvolver a nosa creatividade! O traballo de hoxe consiste en inventar un
xogo que poidades poñer en práctica despois cos vosos amigos. Tendes que
aportar, como mínimo, a seguinte información sobre o mesmo:
- Nome do xogo
- Materiais
que se precisan (podedes utilizar TODO o material que queirades)
- Lugar
idóneo para practicalo
- Número mínimo e máximo de participantes
- Normas
do xogo (explicación da dinámica do xogo)
-
Información que consideredes relevante
- Debuxo
representativo da dinámica do xogo
NOTA:
Unha vez rematedes o traballo deberedes sacarlle unha foto e enviarma antes do mércores 9 de decembro.